+KAIAK: Augas Bravas, Kaiak de Mar, Camiñadas, Fotografía, BTT.........

lunes, 28 de febrero de 2011

Unha de "palas"...

Aquí vos deixo unhas "recetas" que estiven practicando estes días.....

Reparación de "pala inservible" e "pala catro anacos" ingredientes:
Resina, catalizador, lixa, serrucho, pintura cantosa, manguitos de plàstico, muelles, romperlle a cabeza a Peitos para roubarlle un anaco de pala, muita paciencia, algunha Estrella Galicia etc.


Manguito para desmontable debidamente rectificado.


Corte limpo..




Todo xa montado e pegado con resina.


Detalle da pértiga.




Arriba o anaco roto e abaixo o que imos acoplar.


Antes de pegar tiven que reforzar o tubo con resina,
estaba algo tocado de cando se desmontou.



Pegar, lixar, mais resina, mais lixar.... unha birra, pintura etc.


Unha linda pala verde para Mónica e por fin unha desmontable que me entre no kaiak

martes, 22 de febrero de 2011

TEA, VERDUGO,DEVA, MOURO....

Estes días aproveitando que chegaron as choivas démoslle a todo o que poidemos.
O xoves Minicreeck e tramo fácil do Tea con Peitos, Conchi, Carlos e Thomas coa sua tropa de kaiakistas austríacos. Venres repetimos team no Verdugo, Domingo Deva co Club Aguas Bravas Salvaterra e hoxe Mouro baixo.
Creo que ata o sábado non choverá outra vez pero espero que aguanten caudais.
Be water.....!!

Eu despistado no inicio do paso potente....



Manolo "dandolo todo" Pèrez no Deva.

Mike "Boofing"

Sergio no Mouro

Eu testando a Pure no Mouro.
As fotos do Tea e Verdugo podedes velas no Feisbus de Arrepions.

viernes, 11 de febrero de 2011

Surfing the wave.

Ante a falta de precipitacións estes días, cousa que din cambiará en breve, dímoslle un pouco a ola do Cachón. Quedan algunhas fotos miñas feitas polo noso gran colaborador José Aparicio "Lampreica", as fotos de Peitos e Conchi cos seus 360º aparecerán no "Feisbus".


Seguridade perruna


jueves, 10 de febrero de 2011

MERCADILLO......





Aquí vos deixo algunha foto de cousas que non uso e están en venda.
Interesados pegádeme un toque.

Short neopreno Palm con reforzos na traseira: 25 Eurillos, apenas usado 3 veces.
Casco Predator Triniti en perfecto estado con axuste rápido e set de espumas e orelleiras 35 Euros.
Short Alder 0,5 mm 15 Leuros

martes, 1 de febrero de 2011

NOVO BLOG:

Ola a todos, rematada a miña etapa na empresa Diverkayaks dende fai xa varios meses, presento este espazo de carácter persoal no que irán aparecendo entradas relacionadas co mundo do kaiak e algunhas actividades derivadas.
O obxectivo primordial deste blog, aparte de aliterar e esaxerar as nosas batalladas no río despois de beber cervexa en exceso, é promocionar e divulgar as actividades deportivas e de ocio no medio natural. E máis concretamente as organizadas polo CLUB AUGAS BRAVAS SALVATERRA, xa que dende novembro de 2010 entrei a formar parte da directiva coma unha especie de "Coordinador de formación", sen retribución económica claro está ....
Intentaremos realizar formación continuada e actividades en aspectos que cremos básicos coma Seguridade en río, Primeiros auxilios, Reparacións, Cursos de iniciación, Esquimos etc.

Espero que a visita asidua deste espazo sirva de nexo de unión entre os que coma min aman o Kaiak e a Natureza en xeral e cada vez teñamos máis xente na auga desfrutando e coidando os nosos mil ríos.

¡¡UN SAÚDO...VEMONOS NA AUGA!!