+KAIAK: Augas Bravas, Kaiak de Mar, Camiñadas, Fotografía, BTT.........

jueves, 31 de marzo de 2011

I TRAVESÍA FLUVIAL SALVATERRA - A GUARDA EN KAYAK DE MAR



Deixovos aquí info da travesía que o CLUB AUGAS BRAVAS SALVATERRA, o CLUB ALAGUA e a FEGAPI temos organizada para a fin de semana do 23-24 de Abril.
Consistirá no descenso do Río Miño dende Salvaterra ata onde morre en A Guarda.
Pararemos a comer en Tuy e durmir en Goian o Sábado.
A cea do Sábado está incluída e o almorzo do Domingo tamén, Seguro etc.
Prezo da inscripción: 23 moderados euricos.
Para mais info contactade comigo e mando a ficha completa do evento.
Proximamente mais cousas na web da Fegapi.

lunes, 7 de marzo de 2011

DE PRIMEIROS AUXILIOS....



A todo o mundo......... o último sábado deste mes, o día 26, o Club Augas Bravas Salvaterra impartirá un CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS. Será na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño e tratará temas que cremos interesantes e necesarios para a práctica segura do kaiak e a vida diaria....

- Consideracións xerais.

- Protocolo de actuación: P.A.S.

- Extracción do accidentado en caso de accidente acúatico: Zafaduras.

- Valoración Primaria.

- RCP.

- Actuación ante:

*Perdida de consciencia

*Parada cardiorrespiratoria.

*Contusións.

*Esguinces, Luxacións e Fracturas.

*Hemorraxias.

*Queimaduras.

- Inmobilizacións.

- Elaboración básica dun botiquín.

ANÍMENSE........!!!

O coste para non socios será de solo 10 eurillos, para preinscripciones e máis info: salvaterraaugasbravas@hotmail.com/Miguel:647961585

martes, 1 de marzo de 2011

Tamecanos 2011...

Un ano mais os colegas portugueses andan a liarnos con concentracións.....estabamos a pensar se ir ou non, os nosos fígados sofren ainda mais caos nosos kaiaks, as nosas rapazas cabréanse......¿Pero porqué non seguir desfrutando das augas do Támega, as minis e o convivio...?

Que conten con nós, Augas Bravas Salvaterra xa está preparando a expedición.
Abaixo deixo o link do programa e xa sabedes quen se anime que pegue unha chamada.




http://www.canoagemonline.net/docs/noticiasartigo.asp?ID=3473