+KAIAK: Augas Bravas, Kaiak de Mar, Camiñadas, Fotografía, BTT.........

martes, 1 de febrero de 2011

NOVO BLOG:

Ola a todos, rematada a miña etapa na empresa Diverkayaks dende fai xa varios meses, presento este espazo de carácter persoal no que irán aparecendo entradas relacionadas co mundo do kaiak e algunhas actividades derivadas.
O obxectivo primordial deste blog, aparte de aliterar e esaxerar as nosas batalladas no río despois de beber cervexa en exceso, é promocionar e divulgar as actividades deportivas e de ocio no medio natural. E máis concretamente as organizadas polo CLUB AUGAS BRAVAS SALVATERRA, xa que dende novembro de 2010 entrei a formar parte da directiva coma unha especie de "Coordinador de formación", sen retribución económica claro está ....
Intentaremos realizar formación continuada e actividades en aspectos que cremos básicos coma Seguridade en río, Primeiros auxilios, Reparacións, Cursos de iniciación, Esquimos etc.

Espero que a visita asidua deste espazo sirva de nexo de unión entre os que coma min aman o Kaiak e a Natureza en xeral e cada vez teñamos máis xente na auga desfrutando e coidando os nosos mil ríos.

¡¡UN SAÚDO...VEMONOS NA AUGA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario