Aquí vos deixo unhas "recetas" que estiven practicando estes días.....
Reparación de "pala inservible" e "pala catro anacos" ingredientes:
Resina, catalizador, lixa, serrucho, pintura cantosa, manguitos de plàstico, muelles, romperlle a cabeza a Peitos para roubarlle un anaco de pala, muita paciencia, algunha Estrella Galicia etc.
Manguito para desmontable debidamente rectificado.
Corte limpo..
Todo xa montado e pegado con resina.
Detalle da pértiga.
Arriba o anaco roto e abaixo o que imos acoplar.
Antes de pegar tiven que reforzar o tubo con resina,
estaba algo tocado de cando se desmontou.
Pegar, lixar, mais resina, mais lixar.... unha birra, pintura etc.
Unha linda pala verde para Mónica e por fin unha desmontable que me entre no kaiak
No hay comentarios:
Publicar un comentario