+KAIAK: Augas Bravas, Kaiak de Mar, Camiñadas, Fotografía, BTT.........

viernes, 6 de enero de 2012

DEVA 2012

Para comezar con forza este 2012 esta semana dímoslle o Deva, pequeno pero interesante río que morre no Miño.O nivel de auga era xusto pero suficiente para ir "matando o becho" despois de tanto turrón....
O equipazo formado polos Sequeiros e a xente do Tea con Marcos, David, Hugo e a nova incorporación de Abraham non defraudou e ademais saiu o sol, non se pode pedir máis....se iso que chova e comecen a encher os ríos que temos ganas de creeck.
Quedan unhas fotos para porlle os dentes largos a Peitos que está "convaleciente".
Saudos a todos e que remedes moito neste ano....




No hay comentarios:

Publicar un comentario