+KAIAK: Augas Bravas, Kaiak de Mar, Camiñadas, Fotografía, BTT.........

viernes, 17 de febrero de 2012

FRIEIRA/ARBO EN KAIAK DE MAR

Ultimamente a falla de precipitacions nos ten un pouco mosqueados, é por isto que o venres pasado decidín buscar unha alternativa distinta para "mollar" algo e pasar medio día no Miño eu só. Desfrutei dunha maña soleada ainda que un pouco fría pero valeu a pena facer un tramo tan coñecido coma o de Frieira dende un punto de vista diferente.

O transporte correu a cargo de Lampreica que me achegou ata o encoro de Frieira (Crecente), e despois de tirar algunhas fotos e ultimar os preparativos baixou o meu auto con intención de rematar en Salvaterra, ainda que por temas de horario me recolleu antes.

Entrei no Miño cun caudal de 25 cc aprox. cara as 12:45 e sobre as 14:30 xa me encontraba na praia fluvial da ponte internacional de Arbo, despois de pasar por Pousa e Cequeliños e alternar tramos de remanso e augas bravas. Foi alí onde decidín parar a comer e deixar o resto do tramo ata Salvaterra para outra xornada, estaba pendente de ir a Coruña a un curso de vela adaptada e o tempo non daba para todo.

En definitiva, día perfecto buscando novas formas de desfrutar dun atractivo cercano coma é o Miño



Embarque no encoro de Frieira


O Encoro visto dende arriba.


Porteo algo costoso, antes da rampa temos que acceder por un camiño estreito.




Primeiros rápidos antes da Ponte de Frieira.




Zonas de remanso para descansar e desfrutar da tranquilidade da paisaxe.




Pequenos rápidos que se facían bastante interesante subidos a un kaiak de mar.


Cequeliños (Mítico punto de embarque dos Rafts).


Vista do Rápido de Arbo coa Ponte Internacional ó fondo.


Desembarque, coas tradicionais pesqueiras da Lamprea ó fondo.


E coma tiña que ser, despois dunha boa comida café mentras esperaba a que Jose me recollese....

No hay comentarios:

Publicar un comentario